Novedades del sitio
Contacontos para 3º e 4º de Primaria
Os alumnos de 3º e 4º de Primaria saíron o pasado luns 9 de marzo ao auditorio de Abanca. Alí desfrutaron de "Antía, Wamba e o regato pequeno", da compañía "A tropa de trapo".
Wamba, un mozo de Congo, conta a Antía historias que falan de África e Europa, do que nos sobra e falta, de compartir, de valorar o importante, de ollar con esperanza... Son catro contos para bailar, cantar, xogar e tamén para sentir e pensar.
Os relatos fixéronnos reflexionar sobre a solidariedade, a igualdade e o que nos podemos achegar uns aos outros.