Novedades del sitio

Conciliación familiar Nadal 2015

 
Picture of ADMINISTRADOR Inmaculada
Conciliación familiar Nadal 2015
by ADMINISTRADOR Inmaculada - Thursday, 26 November 2015, 5:17 PM
 

O Departamento de Educación e Cidadanía do concello de Santiago ten previsto a realización dun programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións de Nadal 2015 (21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro 2015, 4 e 5 de xaneiro de 2016). Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver nasinstalacións do CEIP As Fontiñas e do CEIP Raiña Fabiola destinadas á poboaciónescolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago.

Os solicitantes deberán estar empadroados no concello de Santiago ou estarmatriculados nun centro educativo do municipio de Santiago. Abrirase un prazo de inscrición e matrícula entre o 28 de novembro e o 10 dedecembro de 2015 (ambos os dous incluídos).
 
O Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago facilitará as
correspondentes follas de matrícula no programa, descargándoas da páxina web do
concello de Santiago de Compostelawww.santiagodecompostela.org, nos centros
educativos da cidade e no Departamento de Educacióne Cidadanía do concello, unha
vez sexa aprobado en Xunta de Goberno Local. Asi como a remisión de toda a
información (Características do programa, proceso de inscrición e matrícula, en outras
cuestións) de toda a información á Federación de ANPAS Compostela e a cada ANPA
dos centros educativos de infantil e primaria de Santiago.