Novedades del sitio

Celebramos as letras galegas. Manuel María peregrina con nos

 
Picture of ADMINISTRADOR Inmaculada
Celebramos as letras galegas. Manuel María peregrina con nos
by ADMINISTRADOR Inmaculada - Tuesday, 24 May 2016, 10:00 AM
 

Durante estes días estamos a desfrutar no Colexio da conmemoración das Letras Galegas. Comezamos traballando en cada clase en torno a este día  e á figura que de Manuel María, escritor chairego ao que se adicou este ano tal día.

Esta homenaxe continuou o propio día, 17 de maio, no Concello de Outes, no que se fixo público os galardoados este ano no XX Certame Francisco Añón de Poesía. Na terra onde 50 anos, e tal día coma este, os membros da RAG declaraban a adicación ao escritor da aldea de Boel, entregouse a públicación das súas obras poéticas as premiadas na anterior edición Antía Bahillo, Inés Soto e Alejandra Daponte. A sorpresa foi máxima cando se proclamou que catro alumnas eran galardoadas nesta nova edición; Alejandra Daponte, Raquel Soto, Lucía López e Ada López (esta última tamén galardoada na XVIII edición).

Durante a tarde do 18 fixemos o Camiño de Santiago cun xogo chamado “No Camiño Primitivo con Manuel María. De Lugo a Santiago”. Cada clase era unha das etapas desta ruta, a máis antiga. En cada unha delas tiñamos que superar unha proba, preparada por cada clase  e descubrir a vila onde remata a etapa para poñer na nosa credencial de aula. De premio tiñamos un fragmento dun poema de Manuel María que nos tocou recitar na proba final, un acto cultural onde compañeiros tocaron algunha peza clásica galega con diversos instrumentos, onde vimos algún poema musicado do mesmo e rematamos co Himno Galego.