Novedades del sitio
Exposición de pintura
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, os alumnos de sexto de Educación Primaria realizaron unha pequena exposición de arte.
A partir dos poemas do escritor galego, Manuel María, cada un deles tratou de representar a través da pintura aquelo que o contido do poema lle transmitía.
Os cadros estiveron expostos no colexio e a maioría das obras foron vendidas; os cartos recollidos serán destinados a axudar a PROYDE, xa que así o decidiron os seus creadores.
Moitas gracias a todos pola vosa asistencia e colaboración.
Podedes ver a galería de imaxes coas obras de arte.